Presentación

Saudade, morriña.
Amor e amigo.
Escarnio e maldicir.

Todo ten cabida nestas páxinas. Irmáns, non dubidedes. Colaborade conmigo e creemos unhas poesías que marquen o legado da nosa verde terra.

Non importa o galego que usedes, normativo ou non, máis luso ou menos, sexa cal sexa é a terra a que nos une. Xunteiro, Litoral ou Central, deixade as vosas palabras voar.


Portada orixinal creada por Luscofusco_Gz: http://www.flickr.com/photos/almaciga/

Personaxes:
Cada un de nós.
Os nosos sentimentos.
Os pensamentos tamén.

Contexto:
Intimista, cívico ou onde queiras.